O VIII Congreso Internacional de Economía Social EESCOOP articularase mediante mesas redondas que abordarán diferentes temáticas nas que participarán actores relevantes da economía social e a través de sesións académicas dedicadas á presentación de traballos de investigación e innovación.
Convidamos á comunidade investigadora e ás persoas expertas en materia de empresas de economía social a enviar as súas contribucións en relación cos retos e desafíos que o sistema económico debe afrontar. A desigualdade social, a desigualdade económica, a deterioración da democracia ou o cambio climático, que actualmente preocupan á sociedade, son cuestións que no seu momento guiaron os valores e principios propios das entidades de economía social e que seguro guiarán os debates deste congreso.