¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Plan de viaxe

ANTES DE PLANIFICAR A TUA VIAXE
Debes ter presente que vas estar nunha illa que non ten máis servizo de transporte con terra que o contratado para o congreso. A organización roga encarecidamente se teñan en conta as seguintes limitacións ao contratar a súa viaxe.

Transporte á Illa de San Simón

  • Saída do porto de Vigo: as 14:00 horas do xoves 12 de xuño. (Rógase máxima puntualidade).
  • Na illa:
    • Os asistentes ao Congreso volverán a Vigo no Barco ao día seguinte.
    • As persoas que non se aloxen na illa, terán un barco ata o Porto de Cesantes-Redondela, con saída despois da cea do xoves e regreso antes do comezo da xornada do venres. (Non será posible o desprazamento noutro horario nin a outro porto que non sexa o de Cesantes-Redondela).
  • Volta ao Porto de Vigo: Saída da Illa as 16:30 do venres 13 e chegada prevista ao Porto de Vigo as 17:20. (NON é posible a volta a Vigo nun horario diferente).

Recomendación para o regreso en avión/tren

Por prudencia, aconséllase non comprar un billete de volta a súa cidade de orixe antes das 20:00 horas do venres.

HOTEIS EN VIGO PARA OS DÍAS PREVIOS OU POSTERIORES AO CONGRESO

Para os congresistas que necesiten hospedarse os días previos ou posteriores ao Congreso ofrecerase unha lista de hoteis en Vigo a prezos especiais. Os hoteis seleccionados están próximos ao Porto de Vigo.

Podes acceder a toda a información descargando o seguinte documento:

Hoteis en Vigo